Cluster Audiovisual Galego

Conta atrás para o remate de “Serramoura”, serie que contou co asesoramento de Campos&Rial e que chega ao seu final o domingo na Televisión de Galicia

23-10-2020

A Televisión de Galicia ofrecerá este domingo, ás 22.30 horas, o final máis agardado nos últimos anos dunha serie de televisión, o de “Serramoura”, a ficción que xa é parte da historia recente da canle pública e que, despois de 173 capítulos e seis anos en emisión, se despedirá definitivamente dos espectadores galegos, e que, ao igual que outras series de Voz Audiovisual, contou co asesoramento de Campos&Rial Correduría de Seguros.

Para este emocionante momento, a Galega prepara un evento especial que xuntará todos os actores de “Serramoura”, os actuais e os que xa desapareceron das tramas, para ver o último capítulo e compartilo cos seguidores da serie. Por iso, as redes sociais da canle pública animan estes días os serramourers a enviar os vídeos e preguntas para que os protagonistas da serie contesten durante o especial “Evento G” que se emitirá o domingo xusto antes e despois do derradeiro episodio. Será un programa, presentado por Alba Mancebo e Arturo Fernández, con moitas anecdótas, lembranzas e, sobre todo, cunha gran sorpresa para todos os fans desta ficción. Haberá na fin da serie o principio de algo novo?

Nos estudios da CRTVG en San Marcos reúnense para a ocasión actores como Lucía RegueiroIsabel NaveiraAlfonso AgraMonti CastiñeirasTito AsoreyMiguel CanalejoSonia MéndezXulio Abonjo e Luís Iglesia. Tamén participan Fran Paredes, que lleu vida a Gonzalo Soutelo, o primeiro asasino de “Serramoura”, e que se reencontrará coa súa nai, interpretada por Uxía BlancoSheyla Fariña, que interpretaba a Álex, a filla falecida de Raquel e Pancho; Mariana Expósito, cuxo personaxe de Luz tampouco chegou ao final da serie, e Susana Sampedro, que interpretaba a tenente Rivas, o malogrado grande amor de Santos. Ademais, os espectadores vivirán un emocionante reencontro, o de Diego Bazán, interpretado por Miguel Ángel Blanco, con Marga Neira (Lucía Regueiro), a gran historia de amor da serie, que tivo a audiencia en ascuas durante moitos capítulos.

“Serramoura” foi desde 2014 o produto estrela da TVG no prime time dos domingos, onde colleitou grandes cotas de audiencia. De feito, 1.642.000 persoas, o 62,4% dos galegos, viron nalgún momento a serie ao longo deste tempo. Esta ficción, un thriller rural ambientado nunha pequena vila galega que vive do sector da madeira e onde comezan a sucederse os crimes, foi gañadora durante catro anos consecutivos do Premio Mestre Mateo á mellor serie de televisión, deu o salto ao mercado internacional co nome de ‘Black Forest’ e chegou a emitirse en Rusia e nos Estados Unidos.

“Serramoura” é unha produción da socia do Clúster Voz Audiovisual, que na súa segunda tempada (de agosto de 2019 a marzo de 2020) contou co asesoramento de Campos&Rial Correduría de Seguros, ao igual que outras das súas series como “Neboa”, “A Estiba” ou “A Lei de Santos”, a spin-off de “Serramoura”, da que xestionaron as 13 tempadas.

No programa deseñado para “A Lei de Santos” contemplábanse diversas coberturas asegurables, tales como danos materiais, perdas directas derivadas das consecuencias de falecemento, lesións ou enfermidade das persoas do reparto aseguradas, responsabilidades civís, etc., que logo se materializou segundo as necesidades concretas da produción.