Cluster Audiovisual Galego

"LA INOCENCIA" e "7 RAZONES PARA HUIR", galardoadas cun Premio Gaudí e "EL CRACK CERO", cunha Medalla CEC

23-01-2020

“LA INOCENCIA” recibíu o Premio Gaudí á mellor actriz secundaria por Laia Marull, mentres que “7 RAZONES PARA HUIR” levouse o Premio Especial do Público á Mellor Película na XII edición dos premios que concede a Academia do Cinema Català, celebrados o pasado domingo 19 de xaneiro.

Ademáis, “EL CRACK CERO” foi premiada coa Medalla CEC á mellor fotografía polo traballo de Luis Ángel Pérez, un galardón que entrega o Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC), que celebrou o 20 de xaneiro, a 75ª edición dos seus premios.

LA INOCENCIA – Premio Gaudí á Mellor Actriz Secundaria (Laia Marull)



“LA INOCENCIA” é a ópera prima de Lucía Alemany que conta cun reparto en estado de gracia encabezado por Laia MarullSergi LópezJoel Bosqued e a xove promesa Carmen Arrufat. A cinta conta con 2 nominacións aos Premios Goya que celebraránse en Málaga o sábado 25 de xaneiro: a de Carmen Arrufat como Mellor actriz revelación; e a de “Allí en la arena” como Mellor canción orixinal. O tema composto por Toni M Mir e interpretado pola cantante Alba Cayuela xunto á Budapest Art Orquestra, é un moderno e orixinal pasodoble co que ponse de manifesto o papel fundamental que ten nesta historia o pueblo, o seu ambiente e costumes.

O filme ten recibido numerosos recoñecementos: resultou ser a gran triunfadora do pasado Festival Internacional de Cine de Almería – FICAL ao facerse cos premios á Mellor Longametraxe 'Ópera Prima', á Mellor Dirección e á Mellor Interpretación Feminina para Carmen Arrufat. Foi galardoada por partida dobre no Festival de Cine Independente ABYCINE, co Premio da Asociación da Prensa de Albacete e, na categoría “Abycine Indie”, co Premio do Xurado Xove. Recibíu unha Mención Especial no Festival Internacional do Cinema de Tarragona - REC. E nos Premios da Academia Valenciana do Audiovisual conseguiu os galardóns a Mellor Directora, Mellor Actriz (Carmen Arrufat) e Mellor Actor de Reparto (Sergi López).

“LA INOCENCIA” é unha produción de Turanga Films, Un Capricho de Producciones e Lagarto Films. Conta co apoio do Institut Català de Empresas Culturals (ICEC), o Institut Valencià de Cultura (IVC) e The Screen (a incubadora de proxectos da ECAM), e coa participación de RTVE, À Punt Mèdia, Televisió de Catalunya y Movistar+. A distribución corre a cargo da nosa socia Filmax. A súa estrea tivo lugar o pasado 10 de xaneiro en numerosas salas de cine de toda a península.

7 RAZONES PARA HUIR – Premio Gaudí Especial do Público á Mellor Película



"7 RAZONES PARA HUIR", da que Filmax xestiona as vendas internacionais, recibíu o Premio Gaudí Especial do Público á Mellor Película.

Neste filme dirixido por Gerard Quinto, Esteve Soler David Torras, sete historias diferentes mezclan horror e comedia por igual. Sete momentos de humor negro tan extraños coma cercanos. Sete visións surrealistas dunha sociedade que non progresa, unha sociedade disfuncional: a familia, a inquilina, a voda, o empresario, os veciños, o neno pobre e o atropelado. 

Protagonizada por un gran elenco formado por Emma Suárez, Lola Dueñas, Sergi López, Francesc Orella, Àlex Brendemühl, David Verdaguer, Jordi Sánchez, Alain Hernández, Manolo Solo, Nuria Gago, Aina Clotet e Pepe Viyuela, entre moitos máis.

Producida por Producciones del Interior AIE xunto con No Hay Banda e Compacto. Filmax encárgase das vendas internacionais e Syldavia Cinema da distribución. Estrenouse o pasado 5 de abril en cines.

EL CRACK CERO – Medalla CEC á Mellor Fotografía



O traballo de Luis Ángel Pérez no filme "EL CRACK CERO" foi recoñecido cunha Medalla CEC á mellor fotografía. A película dirixida por José Luis Garci, gañador dun Oscar, pecha a mítica saga que comezou en 1981. Trátase da precuela das míticas “El crack” e “El crack II”, un filme rodad en branco e negro co que vólvenos a sumerxir nos baixos fondos do Madrid dos 70 retomando a historia do inspector Germán Areta.

Carlos Santos da vida á versión xove do detective e Miguel Angel Muñoz é El Moro, os míticos personaxes que no seu día interpretaron Alfredo Landa e Miguel Rellán. Luisa Gavasa, Pedro Casablanc, Patricia Vico, Raúl Mérida, Macarena Gómez, Cayetana Guillén-Cuervo e Luis Varela forman parte dun curtido e eficaz elenco de actores.

O cartel oficial foi obra do coñecido ilustrador madrileño Miguel Navia, colaborador común da revista Fiat Lux, especializada no xénero negro, no que tamén enclávase a película. A súa obra recibíu recentemente o Premio Feroz ao Mellor Cartel.

Producida por Nickel Odeon, conta coa participación de TVE, Movistar + e Trece TV. Filmax estrenou o filme en cines o pasado 4 de octubre.