Cluster Audiovisual Galego

“¿Qué hicimos mal?”, de Matriuska Producciones, obtén o apoio de RTVE

12-03-2019

A película “¿Qué hicimos mal?”, dirixida por Liliana Torres e producida pola socia do Clúster Matriuska Producciones consegue o apoio de RTVE. A longametraxe está entre os títulos seleccionados polo primeiro comité de valoración do ano do ente público. A dirección e a produción do filme xa tiveron ocasión de manter un encontro con TVE durante a pasada edición do pitching “I+P Ideas para producir” celebrada no mes de novembro en Pontevedra.

No seu primeiro comité de valoración do ano, a Televisión Pública adquiriu un total de 30 títulos, 11 más que no primeiro celebrado en 2018. Xunto á longametraxe do produtor galego Daniel Froiz “¿Qué hicimos mal?” figuran los últimos filmes de autores como Pedro Almodóvar (“Dolor y Gloria”); Benito Zambrano (“Pan de limón con semillas de amapola”); Cesc Gay (“Sentimental”); Juanma Bajo Ulloa (“Baby”); Manuel Martín Cuenca (“La hija”); Iciar Bollaín (“La boda de rosa”).

Sinopse

Lili ten unha relación estable desde hai uns dous anos. Aparentemente todo funciona entre ela e a súa parella. Con todo hai unha infelicidade subterránea na súa cotianeidade que lle impide ser feliz. Non ten ningunha escusa externa – excepto trivialidades – que xustifique esta  incapacidade para continuar cara diante e ser feliz con David. Este sentimento non é novo. Xa o viviu coas súas parellas anteriores. É coma unha ave negra e grande que desprega as súas alas sobre ela e a ensombrece cada vez que traspasa o lindar dos tres ou catro anos de estabilidade marital. E está farta desta sombra. Así que decide que antes de tiralo todo pola borda outra vez, encontrará o niño desa ave e con ela os motivos que a levan a ese estado cíclico. Por iso Lili busca a catro homes que foron importantes na súa vida para facerlles unha entrevista baixo a pregunta inicial: Que fixemos mal? Estes homes representan cada un un tipo de amor diferente, que corresponde tamén á idade na que mantiveron a relación. O descubrimento do amor romántico é Jesús, un neno que ía comigo á escola e do que estiven platonicamente namorada toda a miña infancia. Isto el descoñéceo. Kilian, a miña primeira parella estable, representa o amor idílico. Manuel, representa o amor erótico e salvaxe, con quen os sentimentos nunca quedaron de todo claros. E finalmente Antonino con quen aínda non houbo unha reconciliación despois da relación. Todos este homes son reais. Son parte da miña vida real – de min, da autora – e as súas entrevistas tamén serán reais. Estas entrevistas cambiarán o curso da historia da protagonista e en consecuencia a súa relación e a determinación que tome respecto a ela.