Cluster Audiovisual Galego

En rodaxe “Salir del ropero”, protagonizada por Ingrid García Jonsson, Verónica Forqué, Rosa Mª Sardá e David Verdaguer

18-02-2019

O pasado 28 de febreiro arrancou en Lanzarote a rodaxe de “Salir del Ropero”, ópera prima de Ángeles Reiné. Unha comedia familiar diferente, sobre o dereito de cada quen a facer o que lle dea a gana, que chegará ás pantallas nos vindeiros meses da man de Filmax.

Producida polo gañador de 4 Goyas, Andrés Santana, e escrita e dirixida por Ángeles Reiné,  “Salir del Ropero” xira arredor das relacións entre os complexos individuos que forman una mesma familia, que co paso dos anos, alonxáronse os uns dos outros, e  incluso de  si mesmos. A insólita nova da voda gay da avoa, faraos vulnerables facendo que comecen, por fin, a abrirse e descubrir o que en realidade levan dentro.

Verónica Forqué e Rosa Mª Sardá protagonizan esta historia de amor, que Ingrid García Jonsson e David Verdaguer se empeñarán en impedir. Xunto a eles, Candela Peña, Mónica López, Álex O'Dogherty, Pol Monen, Malcom T. Sitté, María Caballero, Leander Vyvey, Liz Lobato e Toni Madigan completan un reparto internacional e multicultural.

Sinopse

Eva, unha moza e prometedora avogada española afincada en Edimburgo, ve perigar os seus plans de voda co herdeiro dunha importante e ultraconservadora familia escocesa, cando se enteira de que a súa avoa, Sofía, decidiu casar… coa súa amiga da alma, Celia. A decisión de Sofía, de casar aos seus 74 anos con Celia, desafiando todos os convencionalismos sociais e relixiosos, pon patas arriba a vida de Eva que intentará impedir por todos os medios que esa voda se celebre, coa complicidade de Jorge, o fillo de Celia, que se une á causa de Eva por diferentes razóns. Pero Eva non conta coa reacción do resto da súa peculiar familia, que lonxe de axudala, apoia a decisión das anciás. Entre enredos, mentiras piadosas, roubos, atropelos, sensacionalismo mediático e situacións delirantes,  Eva pouco a pouco vai comprendendo que é o que verdadeiramente importa na súa vida.

Cun equipo de profesionais de primeira liña como o director de fotografía José Luis Alcaine, a directora de arte Natalia Llopis ou  a figurinista Ana López Cobos, a película rodarase durante 6 semanas en diversas localizacións da illa de Lanzarote e a cidade portuguesa de Oporto.

Salir del ropero” será unha coprodución hispano-lusa producida por Yaiza Films AIE, Salir del ropero AIE e Airam Films SL.e  a portuguesa Take 2000 coa participación de TVE.