Cluster Audiovisual Galego

Os Lunnis conquistan ao público familiar no seu salto ao cine

11-02-2019

Tres semanas despois da súa estrea e "La gran aventura de los  Lunnis y el Libro Mágico”  conquistou xa o favor do público colocándose como unha das grandes opcións do cine familiar do ano.

A película “especialmente recomendada para a infancia” polo Ministerio de Cultura polos seus valores educativos, preséntase coma un plan perfecto para compartir en familia, pero isto fai tamén que a súa franxa de horarios se limite especialmente ás sesións máis cedo das fins de semana.

Con todo, e a pesar de non contar cun horario comercial convencional, a película distribuída por Filmax, rematou as súas tres primeiras semanas colocándose no top 10 das películas máis vistas cada domingo. Un dato que confirma a confianza do público nesta viaxe ao mundo da fantasía.

"La gran aventura de los  Lunnis y el Libro Mágico”supón o salto a cine dos populares bonecos de CLAN, a canl infantil de RTVE, os cales protagonizan a película xunto a actores coñecidos e personaxes de animación. E é tamén a primeira produción no noso país que combina imaxe real con animación e marionetas. Todo un reto que parece vai camiño a converterse nun novo fito dos personaxes que son xa toda unha referencia na televisión infantil en España e un novo éxito comercial para a cadea tralo fenómeno “Campeones”.

Unha pequena, pero gran actriz de 8 anos, Carla Chiorazzo, dá vida a Mar. Xunto a ela, Pablo Carbonell como Merlín, Bruno Oro como o malvado Crudo, Ramón Barea como o avó, e máis de 20 actores convidados como David Fernández, César Camino, Sebastián Blanco ou Rodrigo Poisón, e por suposto Lucrecia, a protectora do libro máxico, acompañarán a Lublú, Lulila, Lupita e Lucho.

“La gran aventura de Los Lunnis y el Libro Mágico” chega con vocación internacional nunha coprodución entre España (80%) encabezada por RTVE xunto a Tandem Films, Enrique Cerezo PC, Caléndula Films AIE e Arxentina (20%) con Pampa Films, Non Stop Digital, In Post We Trust e Mediabyte.

RTVE participou activamente na rodaxe co asesoramento de filmación de muppets, medios técnicos e a caracterización dos bonecos que participan en diferentes secuencias, nun proceso tutelado polo equipo de Contidos Infantís de TVE sobre un guión de Gorka Magallón, Daniel García e Álvaro Ron.