Cluster Audiovisual Galego

Comeza en Sevilla a rodaxe de “El Inconveniente”, comedia dirixida por Bernabé Rico

30-01-2019

O 15 de xaneiro comezou en Sevilla a rodaxe da comedia El Inconveniente, ópera prima de Bernabé Rico e protagonizada por Juana Acosta, Kiti Mánver e Carlos Areces, coas colaboracións especiaies de José Sacristán e Daniel Grao. A adaptación cinematográfica da obra teatral 100 m2, escrita por Juan Carlos Rubio, chegará aos cines a finais deste ano da man de Filmax.

A película, que se está a rodar integramente en Sevilla e está ambientada no Nadal conta a historia de Sara, a quen lle ofrecen mercar a casa perfecta: espaciosa, moi luminosa e extremadamente barata. Tan só ten un pequeno inconveniente: Lola, a octoxenaria dona actual, vivirá nela ata que morra. Aínda así, Sara cre que é un bo negocio e decide comprar e esperar.

Bernabé Rico é actor, guionista e produtor sevillano e debuta con El Inconveniente na dirección dunha longametraxe que tamén coescribiu xunto a Juan Carlos Rubio. Antes dirixira catro curtametraxes: “Todos mis padres”, “Atracones”, “Premiere”, “Libre directo” y “Cowboys”.

El Inconveniente é a adaptación cinematográfica da obra teatral 100 m2, escrita por Juan Carlos Rubio. A súa estrea mundial tivo lugar en maio do 2008 no Teatro 8 de Miami. Desde entón foi traducida a seis idiomas e subiu aos escenarios de Alemaña, Suíza, Italia, Grecia, Chile, Venezuela, Porto Rico, Costa Rica, Uruguai e Australia, con grande éxito de crítica e público (case 1 millón de espectadores acumulados a nivel mundial). Nestes momentos prepáranse novas producións teatrais en Arxentina, México, Austria e República Dominicana. En España, baixo a dirección de Juan Carlos Rubio, estreouse en 2010 e, logo dunha exitosa temporada no Teatro Lara de Madrid, continuou a súa xira por máis de 120 cidades, chegando a cumprir as 300 representacións.

 Esta película é unha produción de Olmo Figueredo para La Claqueta PCTalycual Producciones, La Cruda Realidad e El inconveniente la película AIE. Conta co apoio de ICAA, Junta de Andalucía e Canal Sur Televisión e estrearase en cines a finais deste ano da man de Filmax.