Cluster Audiovisual Galego

A Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) presenta a plataforma fpaudiovisual.com, de ciclos formativos oficiais online

11-01-2019

A nosa socia a Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV) pon en marcha a plataforma fpaudiovisual.com para cursar Ciclos Formativos Oficiais Online en réxime semipresencial a partir do vindeiro curso 2019-2020.

A matrícula xa está aberta para o Ciclo Superior de Animación 3D, Xogos e Contornas Interactivas e para o Ciclo Medio de Video Sonido Dj.

Encontrarás máis información en http://eisv.net/ciclos-formativos.html